Un 87,69% dos examinados superou a selectividade

Un 87,69 por cento dos alumnos que se presentaron na última convocatoria ás Probas de Acceso á Universidade (PAU) na comunidade autónoma de Galicia superou con éxito este trámite.

Segundo informou nun comunicado a Comisión Interuniversitaria de Galicia, o número de alumnos presentados á fase xeral foi de 9.213, dos que 8.079 lograron superar as probas.

A porcentaxe de número de alumnos que aprobou os exames é superior ao do ano pasado, cando un 86% lograron pasalos.

Na convocatoria de 2012 dos 9.531 alumnos matriculados nas probas, presentáronse ao exame un total de 9.487 (99,5%), dos que finalmente superaron as mesmas 8.163 (86%).

Click para acceder ás cualificacións

Comentarios