Ulla consensúa con técnicos da Xunta salvagardar as vías de servizo na LU-541

O alcalde de Begonte, o popular José Ulla, acordou onte cos responsables da consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas o mantemento das pistas de servizo que discorren a par da calzada da estrada LU-541, ao seu paso polo municipio begontino.

Ulla explicou así aos responsables técnicos da Administración autonómica que as obras de mellora das interseccións no citado viario LU-541 non poden restrinxir o tránsito polas vías de servizo existentes nas parroquias de Saavedra e Damil.

O alcalde begontino desaconsellou, ademais, habilitar un carril central para acceder a Saavedra.

Comentarios