UXT reclama unha reunión do CES para abordar plans de creación de emprego

Mario Docasar. (Foto: AEP)
photo_camera Mario Docasar. (Foto: AEP)

A vicesecretaría da unión comarcal de UXT Lemos-Valdeorras dirixiuse ao alcalde de Monforte, o nacionalista Severino Rodríguez, para que convoque a mediados deste mes unha reunión do Consello Económico e Social (CES). O responsable deste sindicato na zona sur da provincia, Mario Docasar, sinalou que é o foro «máis axeitado para acordar un plan de emprego a nivel municipal e para dinamizar os sectores máis produtivos».

Docasar indicou que na súa formación están especialmente preocupados polo alto índice de desemprego que se dá en Monforte, con 1.781 parados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios