Turquía 'chía' de novo

O acceso á rede social Twitter en Turquía quedou desbloqueado pouco despois de que o Boletín Oficial do Estado publicará a sentenza que declarou ilegal o peche, ditada o mércores polo Tribunal Constitucional.

A Dirección de Telecomunicacións de Turquía retirou da súa páxina web a advertencia de bloqueo, vixente desde o pasado 20 de marzo, cando o Goberno ordenou o peche desta rede, na que se filtraron acusacións de corrupción que afectan o Executivo.

O presidente turco, Abdullah Gül, xa pedira que a decisión xudicial fora executada canto antes. Ademais,  tamén solicitara que se levantara o bloqueo o portal de intercambio de vídeos Youtube, informa o diario Radikal.

Gül manifestouse en todo momento contrario o bloqueo, incluso mediante mensaxes enviadas a través da súa conta en Twitter, á que o acceso seguiu sendo posible mediante ferramentas informáticas de navegación anónima.

Nunha nota enviada a prensa o sábado pasado, a oficina do primeiro ministro xustificou o peche de Youtube e doutros medios sociais co argumento de que servían para difundir información obtida mediante a espionaxe a altos cargos turcos.

Comentarios