Trivializar as relixións

LOGO do bárbaro atentado de París, a perigosa retroalimentación entre islamismo e xenofobia avanzará. Aumentará o odio aos árabes, que redundará en maior agresividade contra posturas occidentais, que favorecerá o crecemento da radicalidade antimusulmá, así nunha espiral difícil de frear, un serpentín con punto de partida na nociva utilización da relixión na vida política, unha contaminación que todo o vicia desde a irracionalidade, tanta que pode inducir a matar como imposición máxima dunha crenza. Pero calquera dou-trina, por moi intransixente que sexa, non conseguirá aniquilar a liberdade de expresión. A palabra é unha arma cargada de futuro que non pode ser silenciada nin por mísiles como argumento de fes inquebrantables nin por metralletas empuñadas en nome de credos anacronicamente defensores da paz. Eu tamén, desde a humildade deste recuncho, estou con Charlie Hebdo, que pagou con sangue a súa defensa da banalización das relixións.

Comentarios