Tres xeracións de valuros

Lola, Noel, Iris e Ana Belén tocan no grupo Os Valuros, de Castro de Rei. c.arias
photo_camera Lola, Noel, Iris e Ana Belén tocan no grupo Os Valuros, de Castro de Rei. c.arias

Avoa: Lola Teijeiro, 59 anos. Nai: Ana Belén, 38. Netos: Iris Escanlar, 14, e Noel, 12. Tres xeracións unidas pola música dos Valuros, unha agrupación de Castro de Rei que tras décadas poñendo o ritmo en tódalas festas e romarías, conta hoxe cuns 60 compoñentes, con idades que van dende os tres anos do máis pequeno aos máis de 70 da integrante de máis idade.

Ao contrario do que acontece a miúdo, non foron as maiores as que pasaron a testemuña aos máis pequenos. O relevo xeracional foi esta vez, para romper tópicos, á inversa. Os ritmos e as gañas de facer música pasaron dos fillos á nai e con ela á avoa.

«Sempre os traiamos ás clases e pensamos que mentres esperabamos podiamos aproveitar para aprender nós», din. Dito e feito.

Consiga AQUÍ la información completa

comentarios