Tres polígonos da comarca, fóra do plan de promoción da Xunta

Polígono industrial de Bóveda, uno de los que será promocionado por el Gobierno gallego. (Foto: AEP)
photo_camera Polígono industrial de Bóveda, uno de los que será promocionado por el Gobierno gallego. (Foto: AEP)

A Xunta de Galicia elaborou un plan para impulsar a venda de chan empresarial na comunidade autónoma e abriu un rexistro de demandantes para que todos os interesados poidan planificar as súas actuacións e incluso realizar reservas de parcelas. Neste documento non aparecen os polígonos industriais de Monforte, Chantada e O Saviñao, pero si os de Bóveda e Quiroga.

Segundo puido saber este diario, no informe só recóllense aqueles parques que son competencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou de Xestur, por iso é polo que o monfortino, xestionado por Sigalsa; o saviñádigo, promovido polo Concello; e o chantadino, en mans de Sigalsa e Suplusa, quedan fóra.

OFERTA
Entre Bóveda e Quiroga hai 10.000 metros libres

Na documentación da Xunta recóllese a existencia de algo máis de 10.000 metros cadrados de parcelas libres nos polígonos industriais situados en Bóveda e Quiroga. No primeiro destes dous municipios hai 6.384 metros sen ocupar e no segundo, 4.019. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios