Tres feridos graves por unha explosión en Outes

A explosión dunha bombona de acetileno provoca tres feridos graves con queimaduras nunha empresa situada á saída do centro urbano de Outes (A Coruña), na zona do Areal, segundo confirmaron fontes da Policía Local.

O accidente produciuse pasadas as 19.00 horas e provocou un forte estrondo que fixo saír á rúa aos veciños da zona, segundo relatan as testemuñas.

Os tres homes feridos atopábanse traballando nesta empresa que se dedica ao asfaltado, a construción e labores en portos. A Garda Civil fíxose cargo da investigación sobre as causas da explosión.

Comentarios