Tres feridos en Meis e O Saviñao en accidentes causados por xabarís

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes ocorridos en Meis e O Saviñao, causados pola irrupción de xabarís na calzada.

O primeiro produciuse ao redor das once da noite do xoves á altura do quilómetro nove da autovía do Salnés, ao seu paso por Meis, segundo informou este venres o 112. No accidente resultaron feridos, segundo informou Europa Press, un home duns 46 anos e unha muller de 34.

No accidente víronse implicados dous turismos e unha moto. O animal quedou morto sobre a calzada.

Horas despois, dez minutos antes das oito da mañá deste venres, produciuse un accidente similar na estrada que une Monforte con Chantada, ao seu paso polo Saviñao.

Neste caso, polo menos unha persoa resultou ferida o impacto dun vehículo contra un xabaril.

Comentarios