Tres detidos pola autoría de lumes na Pobra, Meis e Barbadás

Un total de tres persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais na Pobra do Caramiñal, A Coruña; Meis, Pontevedra; e Barbadás, Ourense.

Con estas detencións, son xa 74 as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica por feitos similares.

Na Pobra do Caramiñal ao detido acúsaselle de ser o responsable do incendio que o pasado día 21 queimou 1.800 metros cadrados de monte raso e 1.000 metros cadrados de arboledo na zona.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas xa ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Ribeira.

O Meis, onde o lume queimou 300 metros cadrados de monte arboledo o pasado día 22, o detido é un veciño ao que se lle imputa a autoría do incendio causado polo lanzamento imprudente de fogos artificiais sen adoptar as medidas preventivas acordes á normativa actual.

As dilixencias están a ser instruídas polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados

O último dos detido foi un veciño de Ourense como presunto autor dun incendio forestal no lugar de Piñor, no concello de Barbadás, Ourense, o pasado día 22 no que foi precisa a intervención do persoal de extinción da Xunta.

Os feitos están a ser tramitados polo xulgado de Instrución de garda de Ourense.

Comentarios