Trinta fogares sarriáns súmanse ao programa de compostaxe doméstica

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) acaba de ampliar o seu programa de compostaxe doméstica a trinta vivendas de Sarria, que aproveitarán os desperdicios orgánicos para a fabricación de compost.

Este organismo entregou recipientes adecuados para o proceso, ademais de carteis e material divulgativo no que se explica de forma detallada a técnica adecuada para que o compost obtido teña boa calidade e poida ser utilizado con garantías en hortas, xardíns e terras de cultivo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios