Trece alumnos de tres autonomías loitan polo mellor café

Tramo de Rego das Flores que se acondicionará, justo hasta el río que cruza en este punto.
photo_camera Tramo de Rego das Flores que se acondicionará, justo hasta el río que cruza en este punto.

O instituto de Foz é o organizador, dende hai un lustro, do campionato de baristas, un certame no que hoxe se medirán trece estudantes procedentes doutros tantos centros de hostalería de Cantabria, Asturias e Galicia, comunidades ás que se suma, por segundo ano consecutivo, un invitado da escola de Viana do Castelo, en Portugal, ó que lle confire un carácter internacional ao concurso.

O número de participantes é superior ao do ano pasado, o que dá idea do éxito acadado, e que serve ademais para cumprir un dos obxectivos da proba: fomentar as relacións entre alumnos e profesores dos distintos centros onde se imparten estas ensinanzas.

Os estudantes, seleccionados previamente nos seus centros, disporán de quince minutos para facer catro expressos, catro capuccinos e catro bebidas fantasía sen alcohol, unhas elaboracións que serán puntuadas por sete xuíces homologados, dous técnicos, catros sensoriais e un coordinador, que se rexirán polas bases internacionais.

Os tres primeiros clasificados levarán premio, un galardón ao que hai que sumar tamén a posibilidade de acadar unha praza no certame nacional, nunha proba que terá lugar mañá, co campionato da rexión noroeste.

O programa de actos inclúe unha demostración de Víctor Couto e Diego López, dous profesionais que volven á casa na que se formaron, un retorno que levan «con orgullo, porque debémoslle moito á escola», recuerda Diego López. «Foi o primeiro centro en Galicia que apostou por este tema, polo que é recoñecido o a nivel nacional», apunta Víctor Couto.

Ámbolos dous adícanse agora a formar profesionais coa empresa Cafento, tanto en competición como no sector privado. Dous dos seus pupilos, Óscar de Toro, e Adrián Fernández, xa acadaron premios no certame nacional.

Comentarios