Tráfico realiza un control na A-6 polo San Xoán

O Dispositivo Operativo Masivo (DOM) cortou a autovía en sentido Lugo á altura da área de servizo de Guitiriz durante unhas tres horas e mobilizou a máis dunha ducia de axentes

Tráfico abre este venres a campaña de controis de circulación das festas estivais cun control na A-6, en sentido Lugo e á a altura da área de servizo de Guitiriz, con motivo das festas de San Xoán.

O denominado Dispositivo Operativo Masivo (DOM) mobilizou a máis dunha ducia de axentes, que realizaron verificacións de drogas, alcol e velocidade, ademais de supervisar a documentación dalgúns vehículos ou, no caso dos camións, tacógrafos e se cumpren as condicións de circulación.

Este control, polo que se estima que pasarían un milleiro de vehículos, súmase aos máis de mil realizados en distintos puntos da provincia ao longo da noite, nos que se rexistraron especialmente demandas por exceso de velocidade.

Comentarios