sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Traballadores de Vestas protestan en Viveiro polo despedimento dun traballador

Os operarios tamén denuncian o intento da empresa de incrementar a produción sen negociación previa

Traballadores da planta de Vestas en Chavín (Viveiro) levaron a cabo este venres unha concentración diante da factoría vivariense en protesta polo despedimento dun novo traballador, así como polo intento da dirección desta firma de incrementar a produción sen negociación previa co comité de empresa cando aínda non indemnizaron aos empregados afectados pola anterior modificación produtiva, ao que obriga unha sentenza do Tribunal Supremo, catro anos despois e cando xa non funciona o modelo anterior de produción.

O comité presenta outra demanda xudicial contra a pretensión de elevar a carga de traballo co persoal existente, que se queixa de sufrir unha importante presión laboral, o que xa derivou na marcha dalgúns obreiros sen reposición na área de produción. Ademais, desde o Ere de abril de 2015 xa se produciron dous despedimentos. Agora son 116 traballadores fronte aos 122 que quedaban entón.

Traballadores de Vestas protestan en Viveiro polo despedimento dun...
comentarios