Traballadores de Alfageme esixen a venda do grupo cun peche nas súas instalacións

Medio centenar de traballadores do grupo conserveiro Alfageme encerrouse esta mañá nas dependencias da fábrica que esta empresa ten na localidade pontevedresa de Ribadumia, para esixir a venda do grupo, segundo informou a portavoz da CIG Rosa Abuín.

Os encerrados recibiron unha chamada dos administradores concursais para indicarlles que mañá ou pasado sairá a poxa a nave e as marcas serán vendidas o 18 de decembro.
 
Rosa Abuín, que acompaña ás traballadoras, sinalou que as traballadoras se encerran na fábrica porque "non cremos ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)".
 
Esta mañá falou cos administradores "e tampouco a eles lle notificou o Igape cando vai adxudicar a empresa". "Estamos cansados das súas burlas e promesas, o venres acabou o prazo dado a Pescamar para modificar a súa proposta de compra e hoxe terían que telo feito".
 
As traballadoras e Abuín están convencidas de que "hai empresas presionando para que non adxudiquen ao Consorcio e como hai cousas que ocultar, queren que salga a poxa".
 
Pola súa banda a CXT reunirase mañá ás once con Carlos Varela, xefe da Fiscalía superior de Galicia para manter un encontro ao estimar que podería existir un delito de corrupción.

Comentarios