domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

O dobrete de Tosar con Roberto Vilar e Motos descoloca á audiencia

Roberto Vilar y Luis Tosar
Roberto Vilar y Luis Tosar
O actor lucense, omnipresente, protagonizou o prime time de Antena 3 e a TVG, que arrasou en Galicia co 27,4% de cota

Como é posible que Luís Tosar estivese este xoves en El Hormiguero e en Land Rober ao mesmo tempo? Esa é a pregunta que se facían a pasada noite centos de espectadores, despois de que o actor lucense protagonizase o prime time da TVG e Antena 3. Para despexar dúbidas, o mesmísimo Roberto Vilar asegurou cun tuit que o seu programa, que estreaba tempada, era en rigoroso directo. 

Pero, cal dos dous espazos se beneficiou máis do don da ubicuidade de Tosar? Sen dúbida, Land Rober, que cultivou en Galicia un 27,4% de cota de pantalla e no que destacou a entrevista que os famosos Gorrillas lle fixeron ao de Cospeito. Moi lonxe quedou o programa de Pablo Motos, cun 8,4% na comunidade na décima vez que Tosar acudía de invitado.

 

O dobrete de Tosar con Roberto Vilar e Motos descoloca á audiencia
comentarios