Toman posesión os tres novos secretarios xerais de Medio Rural e do Mar

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar, Francisco José Vidal Pardo, e os secretarios xerais de Montes, Tomás Fernández-Couto, e do Mar, Juan Carlos Maneiro, tomaron hoxe posesión dos seus novos cargos.

O acto foi moi breve e celebrouse no despacho da nova conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que deu lectura aos decretos cos respectivos nomeamentos.

Tamén asistiu o anterior responsable de Medio Rural da Xunta, Samuel Juárez.

Comentarios