Toman posesión a secretaria xeral de Patrimonio e a interventora xeral

A secretaria xeral técnica de Patrimonio, María Socorro Martín, e a interventora xeral da CCAA, Almudena Chacón, tomaron posesión hoxe dos seus cargos ante a conselleira de Facenda, Elena Muñoz.

A titular deste departamento destacou que ambas coñecen "perfectamente" a administración e as tarefas que van desempeñar, polo que se mostrou convencida de encaixarán " perfección" no equipo, mentres encomiou a súa traxectoria profesional.

Elena Muñoz tamén agradeceu a "dedicación e esforzo" de Rosa María Pedrosa á fronte da secretaría xeral técnica e de Patrimonio e desexoulle sorte nas "novas responsabilidades que lle depare o futuro".

Ademais, a titular de Facenda destacou que existe "un camiño andado nos últimos case tres anos, con bases sobre as que continuar para que Galicia siga sendo o que xa é: un exemplo de rigor, austeridade e compromiso coa estabilidade orzamentaria".

Apuntou neste sentido que a Consellería conta cun equipo "reducido, pero moi capaz, que xa ten dado exemplos suficientes do bo facer nunha época de grandes dificultades".

Pola súa banda, María do Socorro Martín dixo afrontar o cargo "con ilusión e consciente da responsabilidade que supón nunha conxuntura difícil como a actual".

Mentres, Almudena Chacón tamén agradeceu a confianza depositada pola conselleira e tivo palabras de recoñecemento para os seus compañeiros.

Comentarios