Teresa Romero continúa estable dentro da gravidade

Un home con máscara asómase a unha fiestra no hospital Carlos III. (EFE/Víctor Lerena)

A auxiliar de enfermería afectada polo virus do Ébola, Teresa Romero, permanece esta mañá estable dentro da gravidade, segundo informaron fontes do Hospital Carlos III.

Ademais de Romero , outras trece persoas permanecen ingresadas no centro hospitalario no que o único caso confirmado de contaxio por ébola segue sendo o da auxiliar.

Existe outro caso en investigación, unha enfermeira pendente da segunda proba PCR sobre contaxio do virus cando se cumpran as 72 horas do primeiro test, no que deu negativo e que está asintomática.

A pasada noite produciuse o ingreso de 7 persoas e o alta doutra permanecendo na planta de vixilancia activa de contactos de alto risco tres persoas: o marido da enfermeira, o médico que a atendeu no Hospital de Alcorcón e a doutora que a asistiu no centro de saúde. Todos eles asintomáticos.

O alta corresponde a un enfermeiro do equipo cuxa segunda proba PCR resultou negativa.

Ata o hospital Carlos III desprazouse o irmán da paciente, ao que se lle puido ver conmocionado tras recibir a noticia do empeoramento poucos minutos antes.


Diversos medios falan de que a auxiliar lucense podería estar incluso intubada, ou que xa o estivo durante a xornada de onte.
Con todo, hai datos que non se confirman por parte das autoridades sanitarias a petición da propia paciente.

Estas informacións contrastan coas declaracións do presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González, que esta mesma mañá explicaba na radio que o estado da sanitaria mellorara ''algo'' e que o virus estabilizara a súa carga.

Ademais das persoas que están en observación, hai máis de medio centenar de persoas aos que se lles aplica o protocolo de vixilancia no seu domicilio e que consiste, fundamentalmente, en tomarse a temperatura dúas veces ao día. Trátase de persoas que tiveron algún tipo de contacto con Teresa Romero ata que esta ingresou no Carlos III.

Desinfección en Alcorcón

A sala do Hospital de Alcorcón onde o pasado luns se atendeu a Romero foi desinfectada, segundo informou o conselleiro de Presidencia e Xustiza e portavoz do Goberno da Comunidade de Madrid, Salvador Victoria. O conselleiro dixo que a habitación foi limpiada onte e que xa non representa "ningún tipo de problema". Victoria indicou que tamén se limpou pola noite o domicilio de Romero e do seu marido, Javier Limón, en Alcorcón.

Comentarios