O tempo en Galicia será inestable este mércores, con brumas e posibilidade de tormentas

Galicia estará durante o mércores nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con entrada de aire frío en capas altas da atmosfera, o que dará lugar a certa inestabilidade.

Desta forma, espéranse pola mañá brumas costeiras e ceos con poucas nubes no resto, e xa pola tarde aumentarán as nubes de evolución no interior que deixarán algún chuvasco tormentoso.
As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán frouxos, de compoñente norte en xeral. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o martes nas cidades:
A Coruña 17° 19°

Ferrol 16° 19°

Lugo 15° 31°

Ourense 17° 34°

Pontevedra 17° 23°

Santiago 14° 25°

Vigo 15° 21°
 

Comentarios