Temperaturas en ascenso na última fin de semana do mes de novembro

Os ceos estarán parcialmente nubrados con posibilidade dalgún chuvasco illado o sábado no sur da comunidade

Galicia quedará este sábado nunha situación intermedia entre as altas presións situadas nas Illas Británicas e a borrasca centrada en Lisboa, quedando nun réxime de ventos de compoñente leste.

Así, o ceo estará parcialmente cuberto durante a mañá, aínda coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, máis probable canto máis ao sur. Segundo a predición de Meteogalicia, pola tarde iranse abrindo claros cara ao norte.

As temperaturas, pola súa banda, ascenderán entre lixeira e moderadamente. Por cidades, as temperaturas mínimas oscilarán entre os 0 graos de Lugo e os 9 de Vigo, mentres que as máximas estarán entre os 14 graos de Ferrol, A Coruña e Vigo e os 12 de Ourense, Lugo e Santiago.

O domingo espérase alternancia de nubes e claro e bancos de néboa nalgunhas zonas de interior. 

As tempeturas mínimas non experimentarán grandes cambios pero as máximas experimentarán un notable ascenso para esta época do ano, chegando nalgunhas cidades ata os 16 graos: A Coruña (8-16º), Ferrol (7-16), Lugo (3-14), Ourense (6-16), Pontevedra (8-16), Santiago (6-15) e Vigo (8-17).

Comentarios