sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

Telefónica reintegra ao Vilar Ponte facturas de chamadas ao estranxeiro

Entrada del instituto Vilar Ponte de Viveiro. (Foto: AMA)
Entrada del instituto Vilar Ponte de Viveiro. (Foto: AMA)

A compañía Telefónica reintegrou unha parte do importe das chamadas ao estranxeiro que cobrara de xeito indebido ao instituto Vilar Ponte de Viveiro, segundo recoñece a firma coa devolución de 50 euros de gasto atribuído á liña de teléfono móbil do centro vivariense. O director do IES, Marcelino Suárez, manifestaba onte a súa satisfacción, aínda que dicía que agora están á espera de recibir a factura rectificada coas chamadas efectuadas desde a liña fixa para coñecer se tamén se recoñece ese erro.

A directiva tivo unha reunión en Consumo de Lugo en febreiro, na que lle explicaron que a arbitraxe solicitada só é admisible con persoas físicas, non xurídicas privadas, dado que o centro pertence á Xunta, institución que ten un convenio coa empresa de telefonía. O centro continúa adiante co intento de conciliación para tratar de lograr a devolución do diñeiro que considera cobráronlle de forma equivocada por un total de 31 chamadas efectuadas o 14 de xuño de 2013, cuxo importe global ascendía a 124,94 euros, divididos en dúas facturas.

Consiga AQUÍ a información completa

Telefónica reintegra ao Vilar Ponte facturas de chamadas ao...
comentarios