Telefónica indemnizará a unha muller á que incluíu nunha lista de morosos

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á empresa Telefónica Móbiles a pagar 9.000 euros aos herdeiros da ribadense Carmela López Fernández por incluír a esta nunha empresa que xestiona unha lista de morosos sen que esta circunstancia fose certa e sen que mediase débeda algunha desta persoa coa firma. A sentenza da Audiencia recolle algunhas solicitudes da multinacional con respecto á sentenza en primeira instancia, no xulgado de Viveiro, e rebaixa en 2.500 euros o diñeiro a pagar e exímea das costas.

Con todo, no esencial, a Audiencia Provincial de Lugo mantén os argumentos utilizados polo xulgado de Primeira Instancia de Viveiro, xa que considera que a inclusión dunha persoa nunha lista de morosos está considerada como un delito contra o dereito á honra.

Neste caso, Carmela López Fernández faleceu no transcurso do desenvolvemento do proceso xudicial e este foi continuado polos seus herdeiros A.F.G.E, B.G.L e A.G.L.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios