Teixido suma unha nova polémica e acusa a Besteiro de incumprir a lei electoral

Besteiro, durante su visita a Pígara (Foto: EP)
photo_camera Besteiro, durante su visita a Pígara (Foto: EP)

Non hai tregua. Se nos últimos días era a Casa da Botica de Guitiriz o que levaba a Concello e Deputación a intercambiar acusacións, onte púñase unha nova polémica sobre a mesa, construída en torno ao cumprimento, ou non, da lei electoral na visita que o presidente provincial e secretario xeral do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, realizou o pasado luns á parroquia guitiricense de Pígara.

O alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido acusa a Besteiro de incumprir a normativa «coa inauguración o pasado luns do parque biosaudable de Pígara», recordando que a lexislación «prohibe de xeito taxativo a inauguración de obras, servizos públicos ou proxectos desde a data de convocatoria das eleccións, isto é, desde o pasado 1 de abril».

LUNS
O polémico acto en Pígara

José Ramón Gómez Besteiro acudía o luns pola mañá, xunto con Regina Polín, deputada provincial e portavoz socialista en Guitiriz, á parroquia de Pígara, onde se reuniu cun grupo de veciños e comprobou in situ o funcionamento dunha decena de aparellos e xogos para nenos e maiores.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios