Teixido insta a Besteiro a reunirse antes de celebrar a comisión de seguimento

O alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido, insta o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a reunirse con el antes de celebrar a próxima sesión da comisión de seguimento do convenio do futuro xeriátrico, unha cita que o ente provincial anunciou para a próxima semana.

Teixido, que recorda que os encontros entre a Deputación e o Concello celebrados ata agora «pecháronse sen avances», reclama a implicación directa do presidente provincial para desbloquear a situación e analizar as alternativas que o goberno local presentou: cambios no proxecto da Casa da Botica ou a construción dun novo edificio en Parga.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios