Teixido insiste nas deficiencias do plan para a Casa da Botica

O alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido, afirmou que a viceportavoz da Deputación, Pilar García Porto, «fala desde o total descoñecemento e sen ter idea» sobre a Casa da Botica, xa que a residencia que proxecta o organismo provincial neste inmoble «carece de centro de día, circunstancia que xerou un gran malestar entre os veciños».

«García Porto non está a dicir a verdade. Dá por feito que a residencia terá centro de día cando non se recolle nin non proxecto técnico nin nos planos, nin tampouco as instalacións proxectadas reúnen as características esixidas para este tipo de instalacións», apuntou Teixido.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios