Tania Fuegho: ''Quería facer algo máis que cantar nunha orquestra''

Ten 25 anos e as cousas moi claras. Tania Fuegho ten o sono de poder vivir da música e está a poñer todo da súa parte para conseguilo. Coñecida para o público galego desde a súa participación en ‘Son de estrelas’, cando tiña 18 anos, agora visita cada venres os fogares dos galegos grazas a ese prodixio de lonxevidade chamado ‘Luar’.

Tania Fuegho é un bule bule con denominación de orixe de Mazaricos. Con 21 anos formou a súa propia orquestra, Verano Azul, pero agora tena aparcada para defender o seu propio proxecto como cantante solista.

«Quería facer algo máis que ser cantante de orquestra que, á fin, é interpretar as cancións doutras persoas. Apetecíame algo que fose máis meu, co que me sentise identificada de verdade», explica, sempre cun sorriso e co sotaque musical da terra de Xallas na fala.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios