Subtraen diñeiro e unhas cadeas de ouro no santuario de Saavedra

O concorrido santuario de Saavedra, lugar de peregrinación de centos de fieis da Virxe dos Milagres, sufriu na madrugada do sábado unha importante subtracción, «a quinta nos últimos anos», segundo precisou o párroco Ángel Vigo, que asegurou que facía polo menos dous que non recibían a visita dos ladróns.

Os intrusos conseguiron acceder ao templo rompendo a pesada porta de entrada «con picos ou unha motoserra» e levaron o diñeiro recadado no cepillo e nos lampadarios durante unha semana, así como unhas cadeas de ouro que o sacerdote gardaba nunha caixa na sancristía.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios