A camiseta da Vermella queda sen presentación

A Federación cancela o acto público tras a polémica 'republicana' e limitarase a facer unha sesión de fotos
La nueva camiseta de la selección española
photo_camera La nueva camiseta de la selección española

Un azul petróleo que, de lonxe, parece morado desatou unha polémica que parece non cesar. Logo das queixas de varios colectivos, que ven unha bandeira republicana na camiseta da Selección Española de Fútbol, a Federación decidiu cancelar o acto público de presentación da mesma, tal e como adiantaba este mércores El Español. A institución limitarase a facer unha sesión de fotos cos xogadores, coa intención de arrefriar o debate.

O presidente interino da Real Federación Española de Fútbol, Juan Luis Larrea, aseguraba este martes que a RFEF recibiu "queixas desde o máis alto" tras a polémica polas tres franxas da nova camiseta que Adidas deseñou para a selección española. Segundo o Diario As, o mandatario admitiu que "ao Goberno non lle fai graza nin a lea nin a camiseta".

E é que as dúbidas entre se unha das franxas é azul ou morada, froito dun efecto óptico, levantou un auténtico debate afastado do futbolístico. Pablo Iglesias foi un dos primeiros en mostrarse encantado co novo deseño. "Hai tempo que a selección española non vestía unha camiseta tan bonita", chegou a pór en Twitter.

O certo é que o propio Larrea negou que dita franxa sexa morada: "Tivemos a camiseta na man e de morado non ten nada". 

Comentarios