A submisión bate contra a Constitución

UNHA cousa é a norma máxima de convivencia dun Estado e outra as crenzas dos cidadáns, pero se son incompatibles, sempre ten que primar a primeira. Se un país fai constar na súa Constitución que as persoas son iguais, sen que prevaleza discriminación por razón de nacemento, raza, opinión, relixión ou sexo, deixaría á marxe da lei as entidades contrarias a este principio, entón a Igrexa, que sigue mantendo á muller discriminada, ou ten que adaptarse ou ser ilegalizada. Así de radical. Porque non pode seguir mantendo, como no libro ‘Cásate y sé sumisa’, editado polo arcebispado de Granada e no que se fai referencia a pasaxes bíblicos como argumento, que a muller debe estar subordinada ao home, darlle a razón aínda que non a teña e dedicada só a cociñar, limpar a casa e ter fillos. Isto bate coa Carta Magna, entón quen a acepte non pode ao mesmo tempo apoiar unha discriminación.

Comentarios