A subdelegada do Goberno destaca o "éxito" da detención do violador que actuou en Augas Férreas

"Recentemente chegada" ao cargo, Rodríguez considera "moi importante" empezar a desempeñar as súas novas funcións con este logro policial

Isabel Rodríguez. J.M. PALEO
photo_camera Isabel Rodríguez. J.M. PALEO

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este venres "a eficacia" da Policía Nacional pola detención do coñecido como violador dos portais, o home que supostamente perpetrou tres agresións sexuais a finais de 2016 no barrio de Augas Férreas, na capital lucense. 

Ao seu xuízo, a investigación desenvolvida, que culminou case dous anos despois coa a detención deste individuo en Benidorm é "un importante éxito para a Policía Nacional". 

Desde un punto de vista persoal, recoñeceu que, "recentemente chegada" ao cargo, tamén foi moi "importante" empezar a desempeñar as súas novas responsabilidades con este "éxito" policial. 

Isabel Rodríguez dixo durante unha visita a Monforte que a súa intención é que exista unha "colaboración" constante da Subdelegación cos concellos e precisou que as súas dúas "prioridades" son a seguridade cidadá e a loita contra a violencia de xénero.