lunes. 25.01.2021 |
El tiempo
lunes. 25.01.2021
El tiempo

Suárez amosa en Nova Rúa os dous mundos do filme 'Metrópolis'

Manuel Suárez (Foto: Pepe Álvez)
Manuel Suárez (Foto: Pepe Álvez)

A Manuel Suárez aínda lle faltaban décadas para nacer cando Fritz Lang ideou un mundo dividido en operarios explotados e intelectuais beneficiados para a súa película ‘Metrópolis’ (1927). Como naceu moito máis tarde recrea o espazo e estética nunha serie binaria de vinte cadros que expón dende onte na galería Nova Rúa, de Lugo.

Unha parte da mostra son cadros de cores brancas e cremas, cun barroquismo matérico, «que representan ás elites cultas», indica o artista coruñés. Ocupando o resto da sala, con evidente preeminencia, está chea por lenzos de vigorosos trazos negros e grises sobre fondos brancos -«que virían sendo os obreiros»-.

Máis que unha dialéctica de clases, Suárez busca expresar «a fascinación que sento por esa película dende que a mirei de neno, porque ten unha modernidade que aínda está vixente».

Suárez amosa en Nova Rúa os dous mundos do filme 'Metrópolis'
comentarios