'Stop Desafiuzamentos' abandona a casa de Aurelia e traslada a súa protesta á sede dos Servizos Sociais

Membros do colectivo Stop Desafiuzamentos manteñen unha protesta fronte á sede dos Servizos Sociais do Concello da Coruña para reclamar unha vivenda digna para Aurelia Rey, a muller de 85 anos sobre a que pendía unha orde de desafiuzamento polo pago con atraso de dous meses de aluguer dun inmoble no centro da Coruña.

O desafiuzamento da octoxenaria foi anulado esta mañá tras o acordo alcanzado cos propietarios, abríndose agora un prazo para negociar coas administracións un novo aloxamento.

O colectivo Stop Desafiuzamentos asegurou que seguirá realizando un seguimento do caso de Aurelia Rey para garantir que obtén unha vivenda digna, polo que esixiu unha reunión co responsable municipal de Servizos Sociais.

A Policía Local vixía a concentración sen que ata agora rexistráronse incidentes.

Comentarios