Solsticio

Os solsticios veñen cargados de agradables e festivas simboloxías paganas ou relixiosas, que as veces alcanzan ámbitos máis terrenais. Así veíamos a nova de que no Concello de Lugo se retira un denostado óleo de Fernando VII, por outro da súa filla Isabel II.

Quedei sorprendida de esta decisión. Tal rei, non merece un lugar en ningunha institución que seña sede da soberanía popular. Graciñas a quen corresponda.

As duas raíñas, que rexistra a nosa historia de España, sen desmerecer dalgún rei, souperon deixar a súa impronta. É ben certo que con Isabel I, sentáronse os principios do concepto moderno de Estado, que para aquela época significou poder poñelas bases do que foi o Imperio. Isabel II heredou unha situación endemoniada da etapa do seu pai, pero foi quen de abríalas fiestras da monárquía, impulsando o pensamento ilustrado nos seus gobernos liberais e conservadores, iniciándose un cambio político e social.

No solsticio de inverno, dende tempos ancestrais, enterramos baixo o manto da oscuridade das frías e longas noites, todo o que esmoreceu ou non nos foi propicio, e imos sacando á tímida luz dos seus días as ilusións que desexamos que nos guíen ata o seguinte solsticio.

Será por iso que sempre reparei nos xestos simbólicos, en observar como todalas litúrxias nos van desentrañando as razóns de quén as oficia e dos que asisten as mesmas, seña un mitin, unha misa ou unha cea de nadal.

Decidir retirar dun lugar público o retrato de alguén tan despreciable como Fernando VII, é como querer conxurar os demos do despotismo, da felonía e traición ao pobo. Si no canto dese cadro se colga o de Isabel II, é instar a recoñecer a sua aportación.

Os xestos simbólicos nunca caen en terra valdía, sempre agroman, polo que agardo que neste caso vexamos pouco a pouco que dende a Casa Consistorial ata o máis alonxado souto do termino municipal do Concello, se deixe sentir a frescura que desprende o retrato da raiña nena. Fora de consideracións artísticas e cecais que históricas, é como unha promesa escrita no vento, como unha reflexión inacabada sobre a necesidade de todos os gobernantes de todo tempo e lugar, para enterrar as actitudes de confrontación estéril, as do sorriso fútil de ninguneo hostil na negociación. Volver a luz do novo tempo, das promesas renovadas mirando ao pobo aos ollos e a ras de chan, como a pequena raiña do retrato.

Comentarios