Sogama organiza un concurso fotográfico sobre o medio ambiente para o verán

Sogama lanza este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, unha campaña coa que insta a cidadáns de Galicia a compartir a súa mellor foto ambiental do verán de 2014. A empresa pública pretende contribuír a xerar conciencia sobre a necesidade de protexer e conservar o patrimonio natural.

As imaxes aportadas deben recrear paraxes e motivos galegos. Cada persoa só pode enviar unha imaxe, debendo ser remitida en soporte dixital á conta de correo [email protected] entre o 1 e o 30 de setembro de 2014. Entre os autores, sortearase un curso de kitesurf dun día para dúas persoas, que se celebrará en Barreiros, na Mariña de Lugo. Sogama, divulgará as fotografías recibidas no seu sitio web www.sogama.es e nas redes sociais Facebook, Twitter e Tuenti.

Cada instantánea debe ir acompañada dos datos do autos así como dunha pequena descrición, motivo polo cal foi elixida e identificación do lugar, municipio e provincia á que pertence. A temática pode ser variada, podendo optar por paraxes naturais ou aspectos concretos como fauna, flora, bosques, plantas, etc.

A campaña A miña mellor foto ambiental do verán 2014 prentende sensibilizar co medio ambiente a moitos cidadáns, para que se preocupen polo coidado da contorna, admiren os magníficos recunchos naturais de Galicia, o esforzo por preservar a integridade destes e o seu afán por contribuír á educación do conxunto da poboación, cimento das boas prácticas e comportamentos.

Comentarios