Sogama amplía o seu programa de compostaxe doméstica

Sogama continúa co seu plan de expansión da compostaxe doméstica, iniciado no ano 2010 e que xa pasou por diversas experiencias piloto nos municipios mariñenses de Alfoz, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá.

Deste xeito, a empresa pública chegará a localidades ao longo e ancho do terrirtorio galego, atopándose a día de hoxe 119 entidades xa adscritas e este plan, entre as que figuran concellos, centros escolares e colectivos sociais.

Nesta liña, Sogama procedeu xa á repartición de 3.274 composteros, así como encargouse da formación de representantes municipais e veciños participantes na iniciativa, así como da distribución de material divulgativo, consistente en carteis e manuales.

Para a implantación desta experiencia é requirida unha solicitude oficial para a mesma por parte dos gobernos locais para o que posteirormente procédese á formación dos chamados “mestres composteiros”, que conforman un persoal a disposición dos concellos e son os encargados de explicar o proceso ás familias participantes, o cal inclúe un seguimento do traballo desenvolvido, co fin de correxir os posibles erros que poidan ser detectados na aplicación da técnica do autocompostaxe e liquidar as dúbidas máis frecuentes.

Os beneficios que se esperan desta técnica de produción de compost –cada compostero alberga 360 litros de desperdicios orgánicos– tradúcense, ademais de en o cesamento de emisións de CO2, na factura de cada concello, xa que deste xeito veríase reducido o peso da recogica dos colectores verdes convencionais, unha variante directamente relacionada co custo da mesma.

Por esta razón, hai que ter en cuneta que o 42 por cento dos desperdicios son susceptibles de ser recuperdaos para converterse en abono.

Por outra banda, este programa ten máis beneficiarios que os entes locais. Tamén diversos colectivos sociais –como o Centro Penal de Monterroso ou ben Cáritas de Ordes– asociacións veciñais e centros educativos con servizo de comedor e que aproveitan a materia orgánica como elemento fertilizante para hortas e xardíns.

Sogama apunta por eles que non sería de estrañar que a compostaxe doméstica ocupe no plan autonómico de xestión de residuos urbanos 2010-2020 un lugar relevante, tendo en conta que representa unha magnífica vía para reducir a produción de desperdicios e fomentar a reutilización e a reciclaxe.

Ademais, debido a que forma parte da tradición do medio rural galego non supón esforzo adicional para vos usuarios, constituíndo unha practica co rural xa está familiarizado.

Dado o éxito do programa, Sogama procederá en breve á repartición doutros 1.000 composteros, que entregará a novas entidadas solicitantes.

Comentarios