Sober acolle a representación dun musical sobre violencia de xénero

O centro sociocultural de Sober acolle mañá martes, ás 12.00 horas, o espectáculo musical ‘I will be watching you'. É a primeira representación desta obra contra a violencia de xénero en Galicia.

A actuación está promovida pola Secretaría de Igualdade e asistirán ao espectáculo a súa responsable, Susana López Abella, así como o alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián. Haberá espazo para 200 persoas e xa está previsto que acudan os alumnos da escola de hostalería Belarmino Fernández de Rosende e estudantes de diferentes centros educativos da comarca.

comentarios