Sete relatores participan no segundo simposio sobre compostaxe de Pedro Murias

O segundo simposio sobre Compostaxe, Saúde do Chan e Usos de Enerxías no Medio Rural, que se celebra a partir de hoxe e ata o venres no centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias, conta coa participación de sete relatores que ofrecen diferentes puntos de vista acerca das solucións ás necesidades do medio rural en termos de desenvolvemento sostible.

A organización corre a cargo da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, coa colaboración do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo e conta ademais co total apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Viaxe

Por outra banda, o 21 de xullo realizouse unha viaxe dun curso de fruticultura ecolóxica que se estivo desenvolvendo en Pedro Murias.

Os asistentes percorreron zonas de máximo interese relacionadas coa formación recibida, como as visitas ás explotacións de fruticultura na comarca de Guísamo, na Coruña, ou a unha plantación de mazás de sidra.

Comentarios