''Sempre quixen traballar sen depender de ninguén''

Alfonso Formoso.
photo_camera Alfonso Formoso.

ten alma emprendedora. Hai máis de medio século apostou por levantar os cimentos da súa propia empresa nas Pontes e hoxe, máis de medio século despois, segue en pé nas mans do seu fillo. Pola súa traxectoria profesional e a súa implicación coa vila, o Concello adicaralle un recoñecemento este sábado, na gala do As Pontes Emprende 2013, á que acudirá rodeado de amigos e da familia.

«Siempre me gustó vivir independiente. Ser empresario y no depender de nadie», explica un home que naceu no seo dunha familia cunha longa traxectoria empresarial nas Pontes.

«Mi abuelo ya arreglaba todo lo que se le ocurría y mi padre continuó el negocio. Tenía un taller de fundición y una herrería y hacía todo lo que se le ponía por delante», relata Formoso, mentres rememora a década dos 50, cando xunto a dous dos seus nove irmáns puxo en marcha unha firma que arrancou cun taller de maquinaria agrícola e foi ampliando negocio a través das estruturas metálicas -fixeron proxectos como a universidade laboral da Coruña ou ferralla para o dique seco de Bazán- e a instalación das primeiras calefaccións nas Pontes. Ata o 85, cando dividiron a empresa en tres sociedades e el asumiu o mando de Formoso Calefacción no Rego do Muíño.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios