Shearer teme que os seus remates de cabeza lle causen demencia

O que foi goleador do Newcastle e a selección inglesa someteuse a exames para determinar a saúde do seu cerebro e non lle gustaron os resultados
Alan Shearer
photo_camera Alan Shearer

Alan Shearer, quen foi un dos dianteiros máis emblemáticos do Newcastle e a sellección inglesa, manifestou a súa preopcupación pola súa saúde cerebral.

Shearer, de 47 anos, teme que os numerosos remates de cabeza executados ao longo da súa carreira estean a pasarlle factura. A súa mala memoria parece ser o motivo das súas sospeitas, declaba ao diario británico Daily Mirror.

O goleador, que transformou un total de 260 tantos de cabeza ao longo de 18 tempadas na máxima categoría inglesa, someteuse a unhas probas e exames para comprobar se seguía todo ben amoblado aí dentro.

"Os resultados son aterradores. Teño unha memoria pésima, non se se será porque nunca escoito, pero teño realmente unha memoria terrible", recoñeceu o exfutbolista.

"Cando chegas a ser xogador de fútbol profesional espérasche que anos máis tarde, na túa vida, ter problemas de costas, nos xeonllos ou nos nocellos como os que tiven. No que xamais pensara é que o fútbol podería causarme problemas no cerebro", explica.

Shearer manifestouse molesto respecto diso e responsabiliza a "as autoridades do fútbol" por non buscar respostas para os prexuízos que este tipo de remates poden causar aos futbolistas.

"Por cada gol que marquei coa cabeza realicei mil nos adestramentos. E isto ponme nun gran perigo se realmente existe unha relación entre os cabezazos e os problemas no cerebro", engadiu. "O fútbol é un deporte duro, é un deporte brillante, pero temos que ter a certeza de que non é un deporte que mata".

No mes de febreiro un estudo do Hospital da Universidade de Londres e o Hospital Nacional Británico de Neurología e Neurocirugía demostrou que os riscos de sufrir unha enfermidade neurológica e demencia eran moito máis elevados para os futbolistas que para o resto de persoas.

En maio de 2016 a Federación Inglesa de Fútbol (FA) autorizou a apertura dunha investigación sobre a posible relación entre o xogo de cabeza e as lesións cerebrais.

Comentarios