sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Semente busca por segundo ano proxectos empresariais novidosos

Integrantes del colectivo Semente de Monforte, en la reunión mantenida este jueves
Integrantes del colectivo Semente de Monforte, en la reunión mantenida este jueves
Esta asociación monfortina destacou o proceso de consolidación dos plans que gañaron na primeira edición, pero tamén doutros

A asociación Semente de Monforte iniciou este xoves o proceso para convocar a segunda edición dun concurso de proxectos empresariais, con premios ás mellores ideas e con respaldo de ata 16 importantes empresas nacionais para desenvolvelas.

Este colectivo naceu a principios do 2014 cando varias persoas ás que lles tocou o primeiro premio da Lotería do Neno dese ano se uniron para intentar revitalizar a cidade con iniciativas de carácter solidario. Esta última proposta non chegou a callar, pero si a de organizar unha convocatoria dirixida a emprendedores.

O pasado ano presentáronse 81 iniciativas, das que se seleccionaron dez para a fase final. O xurado elixiu como gañador un proxecto titulado e-Monte, consistente nunha plataforma web para xestionar os recursos forestais.

Este xoves, o exalcalde monfortino Severino Rodríguez, integrante desta asociación, indicou que os responsables da iniciativa gañadora manteñen contactos con varias empresas do sector madeireiro para pór en marcha unha central de compras vía internet.

En segundo lugar quedou unha proposta sobre agricultura ecolóxica titulada WeedControl e, no terceiro, unha aplicación (App) infantil para móbiles e ordenadores.

Severino Rodríguez declarou que outras que non quedaron nos primeiros postos espertaron o interese de varias empresas, como a promovida por uns mozos para o envío de datos dixitais utilizando feixes de luz.

Semente de Monforte abrirá o prazo para a presentación das iniciativas empresariais para esta segunda convocatoria o día 1 de outubro, anunciando que realizará unha campaña de divulgación.

Semente busca por segundo ano proxectos empresariais novidosos
comentarios