Seis detenidos en Ourense en una amplia operación contra el tráfico de drogas

Desarticuláronse tres puntos de venda na provincia e incautáronse armas, segundo a Delegación do Goberno
Droga incautada en diversos puntos de Ourense
photo_camera Droga incautada en diversos puntos de Ourense. EP

Seis persoas foron detidas acusadas de tráfico de drogas nunha ampla operación que se saldou, polo momento, coa desarticulación de tres puntos de venda na provincia e a incautación de armas, informou este luns a Delegación do Goberno.

As drogas e obxectos comisados foron postos a disposición do Xulgado de instrución número un do Carballiño, que determinou o ingreso en prisión dos tres detidos. Segundo a Garda Civil, esta operación bautizada Imperio comezou o pasado venres ante indicios de tráfico de drogas na provincia.

A Garda Civil considera desarticulados tres puntos de venda a pequena e mediana escala de drogas situados nas localidades do Carballiño, Xinzo de Limia e A Gudiña.

Os detidos son seis persoas con idades comprendidas entre 27 e 51 anos, identificadas coas iniciais J.V.B (51 anos) veciño A Gudiña; D.B.C. (33) de Barbadás; E.C.G. (27) e S.V.V.M. (33 anos), do Carballiño, e J.F.R.A. (43), tamén residente no Carballiño, e R.O.G. (41) da Mezquita.

Segundo fontes oficiais, os axentes incautaron nos catro rexistros domiciliarios 9,1 quilogramos de marihuana e 1,5 quilogramos de haxix así como pequenas cantidades de cocaína e heroína, cun valor no mercado clandestino duns 30.000 euros, ademais de catro básculas de precisión.

Así mesmo, os axentes incautaron un revólver e abundante munición, ademais de dous vehículos e unha importante cantidade de diñeiro. As citadas fontes sinalaron que a operación "continúa aberta" e que os axentes non descartan novas detencións nas próximas horas.

Comentarios