Sarricanta ofrece a partir do día 25 un curso de gaita impartido por Ismael García

A asociación Sarricanta en colaboración coa área de cultura do Concello impartirán desde o próximo día 25 e ata o 29 de xullo un curso de iniciación á gaita, que terá como profesor ao experimentado músico sarrián Ismael García.

As clases celebraranse os venres na Casa do Marqués, de 21.00 a 22.30 horas, e terán un custo de 15 euros ao mes por persoa. Os interesados poden anotarse no teléfono 651.688.243.

Sarricanta adquiriu dúas gaitas cunha subvención da área de cultura da Deputación e exponse agora incorporar a música deste instrumento a algunhas das pezas do coro da asociación.

O colectivo proxecta tamén organizar en Sarria unha reunión de coros de distintas provincias e con diferentes estilos. Para o próximo curso, porá en marcha clases de maquillaxe, percusión e perfeccionamento de gaita.

Comentarios