San Roque sae de festa na Pobra

Asistentes a lectura do pregón na praza do Concello. (Foto: Vázquez Rivas)
photo_camera Asistentes a lectura do pregón na praza do Concello. (Foto: Vázquez Rivas)

Unha copla en honor a San Roque do profesor de bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid Iván Ventoso Bande abriu as festas da Pobra de San Xiao (Láncara), onde durante tres días os veciños saen a rúa para gozar da música.

Iván Ventoso foi o encargado de dar o pregón, no que recordou a súa infancia na localidade, da que se marchou fai 23 anos para finalizar os seus estudios en Madrid e onde todavía continúa, pero agora coma profesor. O lancarés non dubidou en poñer unha boina, uns anteollos e unha nariz e recitar unha copla. Na composición animou ós veciños a gozar das festas e a bailar como fai o can de San Roque.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios