Sae a poxa unha leira dun construtor que está valorada en 800.000 euros

O 27 de febreiro celebrarase no xulgado mercantil de Lugo a poxa pública dunha leira rústica, sita en Outeiro de Rei, propiedade dun coñecido promotor inmobiliario lucense e que está valorada en 798.437,68 euros.

O embargo deste ben se produciu por mor dunha débeda que contraeu o empresario cunha sociedade do sector inmobiliario, por un valor de case 300.000 euros, máis outros 94.000 fixados para intereses e costas de execución.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios