Sainz asume o liderado da proba

Carlos Sainz (Peugeot) aproveitou este martes a neutralización da novena etapa para asumir o liderado da xeral de coches do Dakar cunha diferenza de 7:03 minutos sobre o seu compañeiro de equipo, o francés Stephane Peterhansel.

O madrileño, de 53 anos, impúxose nunha etapa que foi neutralizada no cuarto punto de paso, no quilómetro 179 da especial, con 10 segundos de vantaxe sobre o holandés Erik van Loon (Mini) e 17 respecto ao terceiro, o finlandés Mikko Hirvonen (Mini).

"Hoxe realmente foi unha etapa típica do Dakar e este mércores vai ser un día crave coa novidade da partida para esta edición, porque imos abrir pista. Non haberá motos diante nin pegadas e a navegación será aínda máis importante. Eu confío moito en Lucas", dixo Sainz.

O piloto español sumou o vixésimo noveno do seu palmarés xeral e a súa segunda vitoria neste Dakar, logo de terse imposto na última etapa antes do descanso, en Salta.

O francés Stephane Peterhansel sufriu polo menos tres picadas e un leve atraso ao quedar varado na area durante a xornada o que lle supuxo un atraso que o enviou ao sétimo lugar, a 9:12 minutos do español por detrás do seu compañeiro de equipo e compatriota Cyrill Despres.

Comentarios