Saénz de Santamaría anuncia que se ''eliminarán'' ou ''fusionarán'' 57 organismos

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, anunciou hoxe que no próximo mes de setembro vanse a aprobar todas as actuacións normativas necesarias para "eliminar, fusionar ou simplificar 57 organismos públicos dependentes do Estado".

Sáenz de Santamaría, que interveu hoxe nos cursos de verán que organiza a Universidade Complutense de Madrid, declinou facer declaracións, tanto á entrada como á saída da súa conferencia, sobre o caso Bárcenas, a pesar da insistencia dos numerosos medios de comunicación que perseguiron á vicepresidenta ata fóra do recinto universitario.

Sáenz de Santamaría dixo que o Goberno quere "dar exemplo" e para iso unha das próximas medidas será a de aprobar en setembro todas as actividades necesarias para levar a cabo unha simplificación dos organismos públicos.

Comentarios