Sada declara 'persoa non grata' aos familiares de Francisco Franco

Case 200 persoas asistiron con caraveis e pancartas alusivas á familia do ditador ao pleno no que se pediu declarar o Pazo de Meirás como patrimonio público
El pleno de Sada aprueba declarar 'persona non grata' a los familiares de Franco
photo_camera El pleno de Sada aprueba declarar 'persona non grata' a los familiares de Franco

O Concello coruñés de Sada aprobou este sábado unha declaración política de "persoa non grata" dirixida aos familiares de Francisco Franco, que posúen nese municipio o Pazo de Meirás, e adoptaron unha petición para declarar esa propiedade como patrimonio público.

A iniciativa, que só ten valor simbólico, prosperou cos votos favorables dos representantes do partido Sadamaioría, do BNG e do PSDEG-PSOE, e abstivéronse os do PP, mentres que os do Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) -un grupo escindido do PP- votaron en contra.

Os edís do municipio onde está situado ese pazo, regalado por un grupo franquista ao ditador ao comezo do seu réxime, apoiaron unha proposta do alcalde, Benito Portela, con varios puntos agregados polo BNG, para mostrar o seu rexeitamento ao feito de que o inmoble aínda pertenza á familia Franco, que afai pasar as súas vacacións nesa propiedade.

A declaración do Concello chega tras o anuncio hai dúas semanas da Fundación Francisco Franco da súa intención de aproveitar as visitas que organiza catro días ao mes ao citado palacete para mostrar a "grandeza" do ditador. A Alcaldía reclamou que sexa o Concello de Sada o encargado de xestionar esas visitas, en lugar da Fundación Franco.

REUNIÓN CONCORRIDA. Preto de duascentas persoas, incluídas varias personalidades políticas, acudiron á reunión plenaria extraordinaria, na que ovacionaron a decisión final.

Entre os participantes figuraban os alcaldes de Oleiros, Miño, Ponteceso; o portavoz de En Marea, Luís Villares; representantes o concello da Coruña, líderes sindicais e membros de asociacións que reclaman un recoñecemento histórico oficial das vítimas da ditadura.


A sesión desenvolveuse entre multitude de caraveis vermellos e exemplares repartidos da revista "Trola!", unha parodia da popular "Ola!" con Carmen Martínez-Bordiú


A sesión desenvolveuse entre multitude de caraveis vermellos e exemplares repartidos da revista "Trola!", unha parodia da popular "Ola!" con Carmen Martínez-Bordiú, neta do ditador e filla da actual titular do pazo, Carmen Franco, en portada; ademais das camisetas dos dous edís do BNG coa mensaxe "Familia Franco non grata".

O alcalde, moi aplaudido polo público, considerou que a situación actual é unha "afronta para a memoria histórica das vítimas" que "non pode continuar nin un minuto máis". Nese sentido, na súa intervención pediu o respaldo á iniciativa "por responsabilidade e por memoria histórica" no seu ánimo de "sumar" para ir "todos a un tempo para acabar con está vergoña".

CHAMAMENTO Á XUNTA E MONCLOA. Para Portela, a polémica suscitada nas últimas semanas non concerne unicamente o réxime de visitas, ao asegurar que "esa propiedade deriva dun proceso de extorsión". Por iso, o alcalde invitou á Xunta e ao Goberno central a adoptar unha "decisión política" para que o palacete e os terreos sexan declarados propiedade pública e a ilegalizar a Fundación Franco.

O concelleiro do BNG Luís Becerra, tamén ovacionado en numerosas ocasións, opinou que a citada Fundación "pretende converter Sada nun parque temático do franquismo" con visitas a un palacete que foi "roubado".

O portavoz do grupo municipal do PP, Ernesto Anido, indicou que o seu partido está "en contra de calquera ditadura", o que xerou risas entre o público, e asegurou non entender a urxencia deste pleno extraordinario.

A petición da declaración de "persoa non grata" aos integrantes da familia Franco parece "máis chavista que demócrata", comentou Anido, e dixo que o seu grupo político defende "que ninguén utilice diñeiro público para facer apoloxía de ditaduras, neste caso da franquista".

VILLARES, PRESENTE. Pola súa banda Villares, en declaracións a Efe, dixo que fai unha valoración "moi positiva" da decisión do Concello de Sada, onde observou que houbo un respaldo popular. O representante de En Marea cualificou de "inaceptable" que a citada Fundación "non estea ilegalizada" porque "a súa única finalidade é o enxalzamento dos crimes de Francisco Franco", e considerou que esa situación evidencia que hai aínda unha "transición inacabada" cara á democracia.

Villares, un xuíz convertido en político, sinalou que o palacete foi entregado a Franco "mediante un espolio" e apostilou: "Non pode ser que os asasinos e os golpistas estean a ocupar o pazo e as vítimas estean aínda enterradas nas cunetas".

Comentarios