Rusia nega que Snowden cruzara as súas fronteiras

O ministro de Asuntos Exteriores de Rusia, Serguéi Lavrov, afirmou hoxe que o ex técnico da CIA Eduard Snowden, acusado de espionaxe e reclamado por EEUU, non cruzou a fronteira rusa e tachou de "inaceptable" as acusacións estadounidenses.

O ministro recalcou que a parte rusa non ten nada que ver "nin co señor Snowden, nin coas súas relacións coa xustiza norteamericana, nin cos seus desprazamentos polo mundo".

"(Snowden) elixiu el mesmo a súa ruta, do que nós nos decatamos polos medios de comunicación. Él non cruzou a fronteira rusa", subliñou en rolda de prensa, citado por axencias rusas.

Con todo, Lavrov non aclarou se o fuxitivo está ou estivo na zona de tránsito do aeroporto moscovita de Sheremétyevo, ao que chegaría o domingo pasado procedente de Hong Kong, segundo a prensa.

Ao mesmo tempo, o ministro rexeitou as queixas de Estados Unidos, que solicitou a Moscova a deportación do home que destapou unha trama de espionaxe masiva das comunicacións.

"Consideramos absolutamente infundados e inaceptables os intentos que observamos de acusar á parte rusa de violar as leis de EEUU e pouco menos que dun complot, acompañados aínda por riba de ameazas en contra nosa", dixo o xefe da cancillería rusa.

Agregou que "non existe base xurídica algunha para esta actitude dos funcionarios estadounidenses".

Comentarios