Rusia nega concentrar tropas de combate na fronteira ucraína

O goberno do Kremlim negou hoxe posuír tropas de combate nas zonas limítrofes con Ucraína, como denuncia a OTAN, e asegurou que só reforza as medidas de vixilancia da fronteira.

O portavoz de Rusia, Dmitri Peskov,  mostrou a súa sorpresa ante as acusacións vertidas e aclarou que se trata de medidas para fortalecer a vixilancia das fronteiras de Rusia, e non de concentración de tropas". Desmentiu, xa que logo, a posible carga ofensiva e argumentou que estas medidas se aplicaban por petición expresa de Vladimir Putin. A violación dos límites fronteirizos aumentou "de xeito significativo" nos últimos meses, explicou o diplomático, polo que se trata dunha estretexia preventiva.

Peskov indicou que Putin impartiu esa orde "hai varias semanas, como se informou no seu momento, e esta foi recibida de xeito positivo polos líderes europeos". En canto o número de efectivos militares involucrados, o portavoz do Kremlin recalcou que este se determina polas necesidades para garantir o debido nivel de seguridade da fronteira".

Pola súa banda, a OTAN segue insistindo no aumento do número de efectivos militares rusos. "Podo confirmar que estamos a observar un novo incremento das forzas militares rusas. Polo menos varios miles de efectivos foron despregados na fronteira con Ucraína", dixo en Londres o secretario xeral da Alianza Atlántica, Anders Fogh Rasmussen. Segundo Rasmussen, os movementos de tropas apuntan a que Moscova "mantén a opción dunha intervención máis ampla" nos combates no leste de Ucraína.

Exta actitude desafiante xa causou reaccións nos prncipales líderes europeos. O Goberno alemán expresou hoxe a súa preocupación polo movemento de tropas rusas na fronteira de Ucraína, á vez que insistiu na súa disposición a ditar novas sancións se Moscova non "contribúe" a unha distensión do conflito.

Comentarios